Estuda na casa

Servizo de préstamo de ordenadores para @s alumn@s do concello de Boborás

A suspensión de clases e agora a prolongación do estado de alarma ata o 26 de abril provoca que os profesores e alumnos deban optar por moi diferentes solucións para poder continuar o curso.
Coñecendo que dentro destas solucións está o uso de plataformas de teleformación telemáticas e o envío de correos das tarefas que deben realizar @s estudantes/as, contemplando a posibilidade de que algunhas das familias non dispoñan de recursos e ferramentas para imprimir este material, o concello de Boborás activará dende o luns 6 de abril o servizo de préstamo de ordenadores necesario para que @s nos@s estudantes poidan seguir con normalidade as clases durante o período que dure o confinamento e teñan necesidade dun equipo informático na súa casa para seguir coa maior normalidade o curso escolar e poidan estar en igualdade de condicións ca o resto de compañeiros.
Se es un/ha alumn@ ou es un familiar dun/ha alumn@ e o que desexas é solicitar o préstamo dun ordenador o único que tes que facer e cubrir o seguinte formulario e anexar o traballo que desexas imprimir.

Estou dacordo co tratamento dos meus datos personales (ler cláusula):
Pulsa no botón para facer a solicitude:
Aviso:Os campos sinalados cun * son campos que hai que cubrir obrigatoriamente

No caso de non dar remitido a través desta páxina podes facelo enviando un correo con todos os datos a estudonacasa@boboras.gal ou ben facer unha solicitude por escrito a través do buzón da porta principal do concello. Tamén pode chamar ao 988402008, teléfono do concello en horario de oficina.
Estudaremos a súa petición e respostarémoslle coa maior celeridade posible.