Estuda na casa

Servizo de impresión para alumn@s do concello de Boborás

A suspensión de clases e agora a prolongación do estado de alarma ata o 26 de abril provoca que os profesores e alumn@s deban optar por moi diferentes solucións para poder continuar o curso.
Coñecendo que dentro destas solucións está o uso de plataformas de teleformación telemáticas e o envío de correos das tarefas que deben realizar os estudantes, contemplando a posibilidade de que algunhas das familias non dispoñan de recursos e ferramentas para imprimir este material, o concello de Boborás activará dende o luns 6 de abril o servizo de impresión de tarefas e material escolar necesario para que @s nos@s estudantes poidan seguir con normalidade as clases durante o período que dure o confinamento e teñan impreso o material necesario para seguir coa maior normalidade o curso escolar e poidan estar en igualdade de condicións ca o resto de compañeiros.
Se es un alumn@ ou es un familiar dun/ha alumn@ e o que desexas é solicitar que se imprima algún dos traballos o único que tes que facer e cubrir o seguinte formulario e anexar o traballo que desexas imprimir.

Solo se permite enviar un ficheiro.
Se desexa enviar varios traballos pode metelos nun ficheiro comprimido.

Estou dacordo co tratamento dos meus datos personales (ler cláusula):
Prema o botón e espere á confirmación da solicitude.:
Aviso:Os campos sinalados cun * son campos que hai que cubrir obrigatoriamente

No caso de non dar remitido a través desta páxina podes facelo enviando un correo con todos os datos a estudonacasa@boboras.gal ou ben facer unha solicitude por escrito a través do buzón da porta principal do concello. Tamén pode chamar ao 988402008, teléfono do concello en horario de oficina.
Tan pronto o material sexa impreso o concello fará entrega do mesmo na dirección indicada na solicitude.