Estuda na casa

Servizo de busca de documentos para alumn@s do concello de Boborás

A suspensión de clases e agora a prolongación do estado de alarma ata o 26 de abril provoca que os profesores e alumnos deban optar por moi diferentes solucións para poder continuar o curso.
Coñecendo que dentro destas solucións está o uso de plataformas de teleformación telemáticas e o envío de correos das tarefas que deben realizar @s estudantes, contemplando a posibilidade de que algunhas das familias non dispoñan de recursos e ferramentas para poder estar conectados a internet, o concello de Boborás activará dende o luns 6 de abril o servizo de busca de documentos e tarefas e material escolar necesario para que @s nos@s estudantes poidan seguir con normalidade as clases durante o período que dure. Farémolo poñéndonos en contacto cos centros, titores/as e mestres/as co fin de poder recoller material en medios electrónicos para que poidan seguir coa maior normalidade o curso escolar e poidan estar en igualdade de condicións ca o resto de compañeir@s.
Se es un/ha alumn@ ou es un/ha familiar dun/ha alumn@ e o que desexas é solicitar que se faga a busca de documentos educativos o único que tes que facer e cubrir o seguinte formulario indicando o centro de estudos, curso actual e material que se necesita.

Estou dacordo co tratamento dos meus datos personales (ler cláusula):
Pulsa no botón para facer a túa solicitude:
Aviso:Os campos sinalados cun * son campos que hai que cubrir obrigatoriamente

No caso de non dar remitido a través desta páxina podes facelo enviando un correo con todos os datos a estudonacasa@boboras.gal ou ben facer unha solicitude por escrito a través do buzón da porta principal do concello. Tamén pode chamar ao 988402008, teléfono do concello en horario de oficina.
Tan pronto nos fagamos co material farase entrega do mesmo na dirección indicada na solicitude.